top of page
Descarga o cartel!

A formación é un aspecto fundamental no acompañamento do voluntariado de Aliad Ultreia. É por iso que buscamos ofrecer anualmente unha formación de calidade que sensibilice á cidadanía sobre as problemáticas sociais coas que traballamos, que capacite para unha análise crítica destas realidades, e para que dote ás persoas voluntarias de ferramentes para actuar fronte as mesmas. 

 

Este ano quixemos centrar a nosa formación na temática de xénero, atendendo ás demandas do noso voluntariado, así como ás necesidades de formación que esixe a implicación nos programas que desenvolve Aliad na área de muller.

Trátase dunha formación de interese para a cidadanía en xeral e, máis concretamente, para todas aquelas persoas implicadas en colectivos do ámbito social. Anímate a participar!

bottom of page