ÁREAS DE PARTICIPACIÓN VOLUNTARIA
Coñece o que está a facer o voluntariado en cada unha destas áreas:
En Aliad Ultreia desenvolvemos un Programa de Preparación para a Liberdade dirixido a reducir os impactos do paso por prisión. Nesta tarefa, o contacto con persoas do exterior é fundamental. De aí a importancia das iniciativas impulsadas por voluntarias de Aliad Ultreia, que desenvolven obradoiros de emocións, traballo emocional a través do teatro, obradoiros de xénero, etc. Se queres colaborar desenvolvendo algunha iniciativa nesta liña contáctanos!
Dentro do Plan de Animación Sociocultural que impulsamos no centro penitenciario de Monterrosos, promóvese a incorporación de novos proxectos socioculturais, formativos e físico-deportivos no centro. Voluntarias e voluntarios desenvolveron proxectos de teatro, música, fotografía, ioga, reiki, pelota vasca, fútbol... Estas experiencias son fundamentais para reducir o illamento social das persoas presas e son unha experiencia de vida e formación moi enriquecedora para o voluntariado. Participa!
En Aliad Ultreia temos un apartamento no que as persoas presas poden disfrutar de permisos penitenciarios e preparar connosco a súa saída en liberdade. Na ocuapción dos seus tempos de lecer, nese contacto inicial coa cidade de Lugo, na ocupación saudable do tempo libre...as persoas voluntarias realizan unha estupenda labor de acompañamento, na que se crea unha relación moi positiva para a persoa presa pero tamén para a persoa voluntaria. Anímate a participar!
Ao longo do ano, o voluntariado de Aliad impulsamos diversas accións de sensibilización á cidadanía sobre os temas que nos importan: dereitos das mulleres, das persoas presas, xustiza social. Súmate a este grupo de traballo, unha experiencia de formación a través da participación e transformación social.
Contamos con persoas voluntarias que apoian aos programas de muller en diferentes liñas: dinamizando accións formativas, realizando acompañamentos en xestións de diversa índole, ou xerando propostas de participación, expresión e integración social.
O voluntariado de Aliad Ultreia dinamiza e acompaña no tempo libre ás mulleres e á poboación reclusa e ex-reclusa, entendendo o lecer como unha oportunidade de desenvolvemento persoal e integración comunitaria.
Conscientes de que a educación é a base sobre a que sustentar os procesos de inclusión da poboación coa que traballamos, dende Aliad Ultreia imos impulsando diversas accións formativas, das que teñen participado as persoas voluntarias: reforzo educativo, preparación do graduado en ESO, informática, etc. Se queres participar desta área, contáctanos!
Co obectivo de recaudar fondos para os proxectos da entidade, accións de voluntariado, proxectos de participación en prisión, etc., así como para dar visibilidade á nosa asociación, organizamos de forma periódica un mercadillo no que vendemos os libros que nos doa a xente. As persoas voluntarias participan organizando previamente os libros e, o propio día da xornada, no punto de venda, en mercados que se organizan na cidade de Lugo. Anímate a participar!
En Aliad Ultreia as propias persoas voluntarias participan da dinamización de voluntariado: deseñando as accións de formación, definindo as iniciativas de participación, dinamizando o Día internacional do voluntariado, definindo os proxectos de acción voluntariad, etc. Isto vai acorde co concepto de voluntariado que manexamos, coa vontade de converternos en plataforma de participación cidadá onde as voluntarias e voluntarios definen as liñas de acción social nas que implicarse.