TRABALLOS REALIZADOS EN PRISIÓN DE ESPECIAL INTERESE
Ciclo de concertos na cadea
Gracias á labor voluntaria de Andrea e á colaboración dos músicos e músicas, pasaron polas cadeas galegas as seguintes bandas:
A Compañía do Ruído , Bakin Blues Band, Mad Martin Trío, Los Vagos de Lalín, Gold & Colt, Chamaquito Pistolas, Antonio Tato, Superglú e Andrea, The Black Cats.
Armonia2, é un proxecto de voluntariado sociomusical cuxo obxectivo foi levar a música en directo a cada un dos centros penitenciarios da comunidade galega. 5 días, 5 bandas e 5 centros, cada día unha banda diferente nun centro distinto.
Animación Sociocultural
Foron moitas as persoas voluntarias que enriqueceron esta experiencia de animación sociocultural: Cristina (teatro e títeres), Rocío e Carlos (teatro), Andrea (canto e música), Iago (ioga), a Asociación de Reiki Lugo (reiki), María e Lara (fútbol sala), María (fotografía), Andrea e Tania (cine), Susana e Lorena (música), Lorena (comunicación), Trópico de Grelos (percusión), Sabela (mindfulnes)...
Revista penitenciaria
Laura, Jenni e Sara presentaron un proxecto a Historias en Red co que conseguiron financiamento para dar continuidade á revista penitenciaria da prisión de Monterroso.
“A revista axudará a crear redes entre diferentes realidades, sendo un modo de que a Xente se achegue ao día a día dos internos nun centro penitenciario”, explican.
O nome escollida para a revista foi "Trisquel" en honor ao símbolo celta que representa a evolución, o equilibrio e o aprendizaxe.