
ÁREAS DE PARTICIPACIÓN VOLUNTARIA
ÁREAS DE PARTICIPACIÓN VOLUNTARIA

PLATAFORMA DE VOLUNTARIADO
DE ALIAD ULTREIA

COMPARTINDO EXPERIENCIAS
As persoas voluntarias participan dando difusión ás iniciativas que impulsan, unha forma de pór en valor a súa experiencia e sensibilizar sobre a importancia do voluntariado na promoción de sociedaes e contextos xustos e cohesivos.
VOLUNTARIADO DE ALIAD ULTREIA
Aliad Ultreia somos unha asociación que traballa na mellora da calidade de vida de persoas e colectivos en risco de explusión social, especialmente persoas drogodependentes, persoas presas e muller vítima de violencia de xénero, incluída a trata e explotación sexual.
Dende a nosa entidade entendemos que a vulnerabilidade destes colectivos non se sitúa tanto en carencias que sufre a persoa, como na propia organización das nosas sociedades, que promove dita exclusión.
Confiamos na participación social como ferramenta de transformación destas realidades, de sensibilización e de incidencia social e política, dende un concepto de voluntariado transformador.
Confiamos na potencialidade das persoas que se achegan á nosa entidade a participar, incorporándoas á nosa equipa de traballo e apoiándoas no impulso das súas propias iniciativas.