top of page
FORMACIÓN DE VOLUNTARIADO
En Aliad Ultreia entendemos o propio voluntariado como unha experiencia pedagóxico-práctica de participación social, de aprendizaxe a través do diálogo e da acción. Isto implica incorporar a dimensión sensibilizadora, reflexiva e participativa en toda a labor de acompañamento que facemos coas persoas voluntarias.
Ademais, todos os anos facemos formación específica, dirixida á comprensión sobre os nosos contextos de intervención, das estratexias de acción e participación social, e para o coidado das persoas voluntarias fronte a estas realidades.
bottom of page