top of page

O Curso ten unha duración de 20 horas, divididas en 4 módulos formativos, con posibilidade de 10 horas a maiores para quen queira complementar a formación con traballo teórico-práctico*, sustentado na metodoloxía de aprendizaxe servizo. 

​O Curso parte do recoñecemento dunha mínima reflexión previa sobre a cuestión de xénero. A partir da mesma, repensaremos colectivamente os enfoques dende os que se aborda a acción social e a loita feminista.

Traballaremos con metodoloxías participativas, co obxecto de incorporalas como formas de acción na transformación dos nosos contextos: no traballo con homes, no acompañamento a mulleres que sofren violencia de xénero, nas acción de incidencia social, etc.

En todos os obradoiros proporanse metodoloxías que combinen os espazos de exposición con outros nos que debater e levar á práctica os elementos analizados (traballos en equipas, dinámicas grupais...).

Na parte expositiva compartiranse diferentes elementos tanto audiovisuais como referencias que permitan ás persoas participantes contar con materiais para profundar temas abordados e que poidan ser empregados posteriormente en diferentes ámbitos.

Esta formación pode complementarse posteriormente cunha aprendizaxe na acción, participando dos programas de voluntariado da nosa entidade, vinculados ás liñas traballadas.

A formación é impartida por persoas expertas de cada unha das áreas de actuación abordadas e acompañada por coordinadora de voluntariado da entidade.

* Imprescindible para quen solicita créditos ECTs da USC (solicitados, aínda sen confirmar que sexan concedidos)

 

bottom of page