A quen nos diriximos?
Dende Aliad-Ultreia consideramos importante promover espazos de encontro para repensar as nosas sociedades, compartir as loitas, aportes e propostas feministas e artellar cambios individuais e colectivos que nos leven a avanzar na igualdade e na xustiza social. Por elo este curso é de interese para a cidadanía en xeral, dende onde debe partir dita transformación.
O enfoque socioeducativo desta formación a fai especialmente interesante para profesionais e estudantes do ámbito da acción social: educadoras/es sociais*, psicólogas/os, pedagogas/os, traballadoras/es sociais, sociólogas/os, politólogas/os, animadores/as socioculturais, mestras/es e profesorado, profesionais da comunicación, etc.
Así mesmo, o seu carácter práctico e mobilizador oriéntase á formación do voluntariado* e daquelas persoas que participan de colectivos de transformación social. O curso proposto partiu das inquedas e demandas das voluntarias e voluntarios de Aliad Ultreia, pero consideramos que pode ser de interese para o voluntariado de calquera entidade do ámbito social, entendendo a cuestión de xénero como un eixo que transversaliza os diferentes ámbitos de acción e intervención social.
Para o alumnado da Universidade de Santiago de Compostela está solicitado o recoñecemento como 1 crédito ECTS optativo para calquera das titulacións (pendente de aprobar pola USC).
* As persoas colexiadas no Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), no Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG), e as persoas voluntarias de Aliad Ultreia ou doutras entidades sociais de Lugo (presentar xustificante emitido pola entidade) teñen desconto de máis dun 30% no pago da inscrición, ao igual que estudantes e persoas desempregadas.