top of page

Obradoiro de restauración na cadea

  • Silvia Dopazo
  • Jul 19, 2017
  • 1 min read

En Aliad Ultreia confiamos nas segundas oportunidades, por iso non dubido en acoller a proposta da nosa voluntaria Silvia Dopazo Fernández. A súa idea é realizar coas mulleres presas no Centro Penitenciario de Bonxe un taller de restauración no que darlle unha segunda oportunidade a mobiliario e obxectos de decoración antigos.

Como decoradora de interiores, Silvia pretende ademais, desenvolver as capacidades das internas para valorar o espazo, a decoración, a disposición dos obxectos no contorno, etc., visualizando melloras que permiten facer máis acolledor o seu espazo de vida, coa mirada posta permanentemente en mellorar -restaurar- o que temos.

Solicitamos un encontro co subdirector de Bonxe para valorar a proposta, coñecer o espazo e posibilidades de restauración e sondear o interese das persoas reclusas en participar. Seguiremos informando!!

bottom of page