top of page
Laura Reigosa, Jennifer Santín, Silvia Dopazo

Reunión de avaliación e planificación: onde estamos e cara onde ir


En Aliad queremos implicar ao voluntariado na dinámica xeral de traballo da entidade, motivo polo cal realizamos reunións periódicas nas que participan as persoas voluntarias, membros da equipa directiva e profesionais de Aliad. Foi esta unha reunión de coordinación na que se acolleu anovo voluntariado; as voluntarias compartiron as iniciativas desenvoltas durante o 2017, potencialidades, límites e posibilidades de continuidade; presentáronse as liñas de traballo de Aliad para o que resta de ano; e acordáronse novas sinerxías e propostas de voluntariado.

Ademais do valor operativo destas reunións, teñen tamén o potencial de presentarse como un espazo no que atoparnos, fortalecer vínculos, crear colaboracións entre voluntariado e, en definitiva, fortalecer o sentir de colectivo que impulsa proxectos de cambio. Este concepto de voluntariado implica ceder cotas de poder na dinámica de traballo da entidade, na medida en que non só se incorpora ás voluntarias/os en proxectos e tarefas xa creados, senón que se lles apoia e acompaña na construción e posta en práctica das súas propias iniciativas.

8 views0 comments
bottom of page