top of page

Planificando os obradoiros de xénero na cadea

Amanda Díaz, Mónica González, Laura Reigosa
May 5, 2017
1 min read

Dende hai anos incorporamos dentro dos obradoiros de preparación á liberdade que facemos en Aliad, un obradoiro específico sobre equidade de xénero e masculinidades. Este ano, dado que contamos cun grupo de voluntarias con interese na temática de xénero e formación previa nesta área, decidimos implicalas neste programa.

Entender o voluntariado como un proceso pedagóxico-práctico de participación social supón implicar ás persoas voluntarias en todas as fases do proceso, dende a planificación á acción. É por iso que, partindo da proposta de obradoiro que tiña Fátima en anos previos, realizáronse varias reunións coas persoas voluntarias nas que colaboraron na planificación de cada unha das sesións, enriquecendo a proposta inicial.

Comments


bottom of page