Unha das propostas que xurdiu da reunión de avaliación e planificación de metade de ano, foi a de darlle continuidade ao traballo realizado na prisión de Monterroso, tanto no Grupo dos Módulos xerais, cun obradoiro de teatro; coma na UTE, cun obradoiro de control da ira, que foi o que eles mesmos pediron.
Este día as voluntarias que dinamizarán o obradoiro de teatro reuníronse para deseñar a proposta e repartir tarefas, unha iniciativa moi interesante de teatro escoita, teatro do oprimido, que buscarán vincular á acción polo Día dos Dereitos Humanos.