Dende Aliad queremos facer unha acción polo 8M, e queremos contar para elo coas persoas voluntarias. O venres estiveron Mónica, Amanda, Laura e Ana dándolle voltas ao tema. Pensamos que o interesante este ano sería sumarnos a acción de paro internacional que se está a organizar (parodemujeres.com), e pensamos que unha forma simbólica de facelo é a través dun mannequing challenge.
Dende o movemento a nivel internacional animan a un paro laboral e doméstico no 8M ou, sendo menos ambiciosas, a un paro de 12:00 a 12:30. A idea é animar a mulleres a que participen nese paro e se graven como imaxe conxelada durante uns segundos, representando algunha escena da súa vida como traballadoras, coidadoras, militantes, ou o que consideren que as representa; e que despois a compartan en twiter a través do hashtag #NosotrasParamos e do propio hashtag de Aliad.
Por outra banda, nós queremos saír á rúa e facer o noso propio maniquí comunitario na Praza da Milagrosa, convidando a participar ás mulleres do barrio, iso implicaría un traballo previo de información e motivación a participar. Envíovos un borrador do banner da acción.
O 26 de febreiro tivemos unha segunda reunión. Nela Nesta reunión quixemos incorporar a máis persoas voluntarias na organización da acción do 8M. Para elo: presentamos o obxectivo da acción e onde se enmarca; definimos a estratexia de divulgación e para motivas a participación da cidadanía; fomos polos negocios do barrio motivando á participación; e elaboramos a pancarta para o día do acto. Todo un traballo en equipa!