En Aliad Ultreia queremos incorporar ao voluntariado á dinámica de traballo da entidade, facéndoa partícipe das accións de planificación.
Dende esta óptica, o 25 de xaneiro do 2017, tivemos unha reunión de voluntariado dirixida a presentar ao voluntariado a nova Estratexia de Voluntariado de Aliad Ultreia e a planificar as accións do 2017, na que as técnicas e técnicos de Aliad Ultreia presentaron os proxectos da entidade ás 8 persoas voluntarias que puideron asistir. Supoxo unha oportunidade para dar acollida a novas persoas e para afianzar o compromiso das que xa colaboraban. As voluntarias e voluntarios foron identificando iniciativas de interese e conformando grupos de traballo.
Supuxo ademais unha oportunidade de aprendizaxe para a entidade, onde nos aproximamos ao sentir das nosas voluntarias e enriquecemos a planificación dos nosos proxectos que son, ao fin e ao cabo, proxectos compartidos coa cidadanía que se implica neles.