top of page
Aliad Ultreia

Escribe a túa entrada!

Damos por inaugurado o blogue do Curso Da Cabeza aos Pés, un espazo no que compartir as reflexións que en nós mesmas/os ten xerado.

Durante as 25 horas nas que estivemos a traballar, abordamos diferentes realidades de exclusión social –drogodependencias, prisión, prostitución e trata de mulleres- , da man de persoas cunha recoñecida traxectoria nestes ámbitos. De seguro estes debates teñen xerado en nós moitas valoracións, interrogantes, incertezas e motivacións. Se ben xa tivemos espazos durante o curso nos que xerar un diálogo, convidámosvos a que, xa asentado todo na nosa cabeza e pés, vos animedes a facer unha pequena reflexión persoal en torno ás realidades traballadas, compartir os vosos proxectos de acción ente as mesmas, facer unha pequena reseña do propio evento, ou o que consideredes de interese.

Podedes enviar as vosas achegas a voluntariado@aliad.org e consultar as publicacións das outras persoas no blogue. Así mesmo, poderedes comentalas a través dos cadros de diálogo.

16 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page