Arrancamos campaña de sensibilización
- María Barba Núñez
- Apr 22, 2021
- 1 min read
Updated: Apr 26, 2021
Outro ano máis, Aliad en colaboración co voluntariado, inicia o deseño da camapaña de sensibilización en relación á prostitución. O obxectivo principal desta acción é enviar unha clara mensaxe: "a prostitución tamén é violencia". Esta problemática social sigue estando ignorada e estigmatizada na sociedade actual. Por esta razón, queremos compartir as nosas achegas e así invitar á particpación cidadá e conseguir que máis persoas sexan conscientes do que é e o que supón a prostitución.
Para a súa elaboración, estanse a realizar sesións, telemáticas e presenciais, caracterizadas por un clima de colaboración e participación activa. Ademais, búscase lograr un enriquecemento persoal e grupal a través da reflexión, do debate e da investigación.

Comments