top of page
María Barba Núñez

Formación 2021!


Xa temos preparada a formación deste ano, que vai dirixida ó voluntariado da entidade, pero tamén a toda aquela persoa interesada na temática e que lle apeteza vir e coñecer de que vai isto...

Nesta ocasión, quixemos centrarnos no acompañamento. Dende Aliad Ultreia promovemos diferentes tipos de acompañamentos: dar un paseo para ensinar a cidade ou tomar un café, apoio escolar, impartir un obradoiro, facer unha compra...actividades todas moi valiosas para a persoa destinataria, cun claro fin integrador e nas que, por suposto, prodúcese unha relación humana, de xeito natural e espontáneo. Como toda relación, esta vése mellorada e fortalecida cando podemos comprender á persoa que temos diante.


Tendo en conta que acompañamos a persoas en situación de vulnerabilidade social, entender o momento vital que está a atravesar a persoa, comprender ata onde é capaz de chegar ou dar, facilítanos en gran medida o noso traballo como voluntari@s xa que nos quita a presión de "ter que axudar como sexa". É nese punto, cando nos desfacemos desa responsabilidade, cando realmente podemos comezar a axudar.


Na formación, abordaremos o acompañamento, a axuda e o autocoidado como as claves para realizar o voluntariado. Así, centrarémonos nos aspectos psicolóxicos das persoas coas que traballamos que nos permitan comprender a súa realidade á vez que establecemos un marco de relación sa.

A formación será presencial, en Lugo, pero hai posibilidade de conectarse en directo para aquelas persoas que non vivides aquí e queredes participar. Podedes inscribirvos escribindo a voluntariado@aliad.org

15 views0 comments

Recent Posts

See All

Comentarios


bottom of page