Hoxe tivemos unha formación para persoas voluntarias que se incorporan a colaborar con Aliad no acompañamento as mulleres e homes dos nosos programas.
Existen diferentes tipos de acompañamento: acompañamento educativo, psicoterapéutico ou social. O voluntariado enmárcase neste ACOMPAÑAMENTO SOCIAL.
Destaca a potencialidade relacional destes acompañamentos, fronte a unha sociedade fortemente individualizada e excluínte, o acompañamento permite o encontro entre persoas diversas, nun intercambio recíproco, con mirada de inclusión e incorporación social.
É diferente ao que achega o acompañamento profesional, permite un encontro máis natural, sentir de formar parte da cidadanía, compartir unha experiencia ou actividade concreta con outra persoa, que ten tamén interese nesa relación, no apoio e o recoñecemento. Son:
relacións que constrúen entornos de pertenza
que permiten desenvolver habilidades relacionais
que facilitan o acceso a diferentes redes (recursos sociais, espazos de participación, de lecer...)