Hoxe pechamos o curso de lecer con mulleres. Foron dous meses no que dedicamos tempo para nós, para cultivar os nosos gustos, para compartir e rir, para desfrutar do noso dereito ao lecer, tan esquecido no noso día a día.
Este curso foi posible grazas ás moitas persoas voluntarias que participaron axudando a organizar o curso e dinamizar as actividades:
A Cristina Collazo, e o seu obradoiro de teatro
A Marta e o seu taller deportivo
A Bea no obradoiro de restauración
A Paz, na elaboración de cestos de trapillo
A Sabela, coa súa introdución ao mindfulness
A Rocío, pola axuda na organización
E a Virginia, que retratou a despedida
A todas elas....grazas!