top of page
Virginia

Retratando a valía


Hoxe rematou o curso "Tecendo emprego", e o fixo dun xeito moi especial e emotivo, as bágoas non faltaron, pero bágoas de afecto, de recoñecemento, dun sentir de grupo e de coidados cultivado día a día durante estes 3 meses nos que, un grupo de mulleres diversas (diversas idades, diversas nacionalidades, diversas experiencias vitais), traballaron grupalmente dende un enfoque de coidados e de coñecemento persoal orientado á inserción laboral.

E hoxe, neste peche, contamos coa colaboración voluntaria de Virginia, que nos trasladou o seu proxecto de fotografía, convidándonos a participar del, unha iniciativa na que pretende -a través deste arte- pór en valor as traxectorias de vida de persoas migrantes e todo o que achegan á sociedade que ás acolle.

O inicio dun proceso de colaboración e enriquecemento mutuo a través da fotografía, que xa neste primeiro encontro nos deixa un album para o recordo.

0 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page