top of page
Eva María e Jenni

CoidArte

A partir das reflexións sobre a importancia dos coidados, deses coidados que precisamos como seres interdependentes e tamén no recoñecemento do noso benestar, a artista lucense Carmen Granxeiro dinamizou diversos obradoiros que nos levaron, nun percorrido interactivo a través do arte, a pasalo ben, a recoñecernos noutras persoas e en experiencias alleas, a reflexionar sobre o noso papel nos coidados, e a plasmar colectivamente a través da creación artística as nosas inquedanzas, desexos e necesidades.

O fixemos dende o grupal, dende o colectivo, dende os encontros improbables nas nosas sociedades fragmentadas, coidando a participación de persoas diversas: de diversas idades, nacionalidades, situacións persoais...pero cun nexo común: ser mulleres.

As voluntarias Eva María e Jenni participaron desta experiencia, compartindo olladas e sentires con mulleres con duras traxectorias vitais, mulleres resilientes e loitadoras que expresaron a través do arte moito da súa individualizade pero tamén desas experiencias compartidas por ser muller.

3 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page