top of page
Andrea Vázquez López

Ollando a inclusión social a través da fotografía

Quero comezar agradecendo a Aliad – Ultreia por realizar este curso de Inclusión Social e por traer poñentes tan competentes para os debates e para os obradoiros, xa que considero que en catro días que durou o curso enriquecinme moito. Tanto cos contidos como cas opinións diversas, o que che fan reeplantearte moitos temas tratados (drogas, prisión, prostitución, violencia de xénero…) e ter unha visión máis ampla.

Por tanto, moitas grazas a tod@s!

A continuación mostrarei unha foto da fotógrafa Diane Arbus , a cal nos falou Mariola no obradoiro de ffotoeducagaliza. Tiñamos que escoller unha foto do noso día a día ou dunha lista de fotógrafas coas cales traballamos esa tarde.

Eu decidín escoller a de Diane Arbus, xa que me gusta o tema que trata: persoas con enfermidades mentais, con xigantismo, ananismo, xemelgos… Foi un tema que non se abordou nas sesións pero que tamén está relacionado coa Inclusión Social.

No obradoiro aprendemos a mirar máis aló do que se reflexa na imaxe, como dicían Paola e Luis “ampliar o zoom”.

Escollín a imaxe porque ten moito mérito que esta fotógrafa de clase alta retratara nos anos 70 a este tipo de persoas, xa que por aquel entón e atreveríame a dicir que na actualidade non estaban incluídas na sociedade e eran ignoradas. Quería que a sociedade e o mundo tiveran en conta a estas persoas, as tratara como unha máis, lles dera as mesmas oportunidades e foran integradas na sociedade daquel entón.

A través das fotos quere visibilizalas e que a sociedade se preocupe por elas.

Considero moi importante a súa labor e estou totalmente de acordo, visibilizando a todas as persoas da sociedade poida que as persoas tomemos conciencia de cómo nos tratamos os uns aos outros e comecemos a ter empatía e respecto por cada persoa, aceptando as súas individualidades e características propias.

A diversidade é o fundamental que conforma unha sociedade, por tanto aceptarnos é un bo comezo.

Diane Arbus 1970-1971

”As persoas ao igual cas aves, son diferentes no seu voo, pero iguais no seu dereito a voar.”

17 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page