Primeiro gracias a ALIAD-ULTREIA por un curso tan completo e intensivo. Ao poñernos casos reais que explicaron os profesionais enténdense moito mellor cada tema e ademais coas facilidades das presentacións que eles trouxeron foi moi fácil e moi rápido aprender. É verdade que a maioría dos temas son tratados con frecuencia e moi escoitado sobre todo nas noticias pero enriquecinme moito neste curso e tamén polos datos reais que os profesionais nos expoñían.
Algúns temas interesábanme máis que outros como por exemplo a drogodependencia ou o temas das mulleres como a trata, pero aínda así entendeuse todo moi ben.
Moitísimas gracias por toda a información dada!
O último día que asistín ao curso elixín o obradoiro de FotoEducaGaliza. Neste obradoiro as miñas compañeiras máis eu observamos algunhas fotos, que nos foron mostradas individualmente, e tíñamos que sacar de cada unha o que críamos que mostraba. Despois fixemos o mesmo pero por grupos de dous e foron sacadas moitas cousas máis, catro ollos ven mellor de dous, e ao rematar a comentamos entre nós.
Entre as diferentes fotos observadas encontrábase a fotógrafa Adriana Lestido, autora da imaxe que ofrezo e que ademais recomendo as súas obras.
“Mujeres presas” 1991-1993
Como podemos ver é unha muller cuns tatuaxes nos brazos, cunha mirada que non está atendendo á fotógrafa e cun bebé en brazos. Podemos deducir que é unha nai calquera que está co seu bebé pero o que realmente nos quere amosar esta fotógrafa é unha nai presa que ten ao seu fillo.
Palabras de Adriana nunha entrevista: “Fotografiar es pintar con la luz”; “Tienen múltiples lecturas” di, referíndose ás fotografías que realiza; “Atreves el tiempo significan cosas diferentes hasta para mí. Las fotos siempre son mejores o peores de lo que parece en el momento que las estoy haciendo”
O principal que aprendín neste obradoiro foi o moito que pode mostrar unha foto, tanto a cor coma os xestos das persoas... Ampliar o zoom como nos mostraban o primeiro día no curso.