A quen nos diriximos?
Este curso está dirixido a calquera persoa que teña interese en amplicar o seu coñecemento en torno á vulnerabilidade e a exclusión social, disposta a ollar a realidade social dende unha perspectiva crítica pero tamén posibilista, entendendo a partiaipación e acción social como unha forma de avanzar na promoción de contextos de vida inclusivos.
Moi especialmente, preséntase como unha formación valiosa para profesionais e estudantes do ámbito da acción social: educadoras/es sociais*, psicólogas/os, pedagogas/os, traballadoras/es sociais, sociólogas/os, politólogas/os, animadores/as socioculturais, mestras/es e profesorado, profesionais da comunicación, etc.
Así mesmo, o caracter práctico e mobilizador desta experiencia a fai moi interesante para o voluntariado* e para aquelas persoas que participan de colectivos de acción-transformación social ou que teñan interese en participar de proxectos de cambio.
Para o alumnado da Universidade de Santiago de Compostela está recoñecido como 1 crédito ECTS optativo para calqueira das titulacións.
* As persoas colexiadas no Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) y as persoas voluntarias de Aliad Ultreia teñen desconto de máis dun 30% no pago da inscripción, ao igual que o estudantado e persoas desempregadas.