top of page
  • Raquel Donallo

Da idea ao proxecto


Xa está a piques de rematar o curso de dinamizador de actividades de tempo libre na prisión de Monterroso. Agora é o momento de planificar as prácticas, e para elo contamos cunha voluntaria, Raquel Donallo, que nos axuda a facer emerxer e a concretar as diferentes propostas de actividades de tempo libre.

Dende Cestola na Cachola, unha cooperativa galega, chega esta rapaza que traballa e milita no eido da economía social e solidaria e o consumo consciente. A través de diferentes dinámicas traballou co grupo de presos, derivando nunha proposta de actividades que concretaron nos seguintes días coa profesora do curso, Paula Polo.

Pronto poderemos presentar a oferta de actividades de lecer que dinamizarán os presos no centro.

15 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page