top of page
  • Marta Fernández Fernández e Sara Santiso Corral

Dous meses de deporte en prisión


Durante o proxecto de actividades físico deportivas que levamos a cabo no Centro Penitenciario de Monterroso, puidemos traballar en equipo, axudándolles a canalizar as súas enerxías e ensinando os pasos que teñen que levar a cabo para realizar calquera tipo de actividade física.

Destacaría a implicación e o interese que amosaron os internos en todo momento por aprender e disfrutar das actividades e considero que é algo moi positivo e enriquecedor de cara ao seu futuro e ao seu benestar persoal.

A nivel persoal, esta experiencia aportoume moitas cousas, empaticei moito coas persoas que participaban na actividade, intentando que disfrutasen dela e puidesen evadirse, por un intre, da dura realidade que viven no seu día a día.

Sentín un profundo agradecemento hacia o meu traballo e iso serviume para saber como podo axudar a persoas que non están atravesando o mellor momento das súas vidas. En definitiva, invertir o meu tempo e as miñas ganas na realización deste proxecto foi mais que satisfactorio e espero poder formar parte de futuros proxectos coa asociación Aliad Ultreia.

Fdo. Marta Fernández Fernández

Actividade desenvolta por Marta, voluntaria de Aliad, co apoio de Sara Santiso, traballadora social da entidade.

4 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page