top of page
  • Sara, Nuria, María, Marta, Paz, Jenni, Alba

8M Paro feminista


O 8 de marzo foi un día moi especial para todas as mulleres, un día de loita compartida no que o colectivo de LOITAS FEMINISTAS de Aliad non podíamos faltar. Este 2018 sempre será recordado como o ano (o primeiro de moitos, esperamos), no que a loita feminista cobrou unha enorme dimensión, cunha resposta cidadá sen precedentes. Unha resposta cidadá que xurde dun traballo previo moi potente, de reflexión sobre os fundamentos do movemento e desta protesta, de articulación social, etc.

Aquí o voluntariado nos permite medrar como organización, articulándonos con outros movementos sociais, creando discurso e formas de acción, dándonos fortaleza na que é unha reivindicación que nos une.

Neste día de loita e festa puidemos cargar forzas, listas para o moito traballo que temos por diante ata o 8M do ano que vén.

6 views0 comments
bottom of page