Coma todos os anos, pero este con máis necesidade e ganas que nunca, volvemos impulsar na prisión de Monterroso diversas iniciativas coas que acrecentar as oportunidades de participación.
Comunicación, expresión, cultura, música, arte, deporte…, baixo un Plan de Animación Sociocultural que se articula grazas á implicación de numerosos colectivos e persoas voluntarias.