Compartimos o último programa do Podcast Libremente, o proxecto de podcasting que estamos a desenvolver cos internos da prisión de Monterroso, en colaboración coa Asociación Melisa.
Nesta ocasión, os rapaces da sección de música “El Perímetro” fálannos de Cosculluela. Tamén, o noso entrevistador de “El Banquillo”(min.37:20) conversa con outro compañeiro para contarnos a súa experiencia realizando o curso de Auxiliar de Enfermería e Sáude Mental no Centro Penitenciario de León.
E para finalizar, os membros do equipo recordarán os platos típicos dos seus países de orixe (e que taaaanto botan de menos) en “Comuniquémonos” (min.59:20).
Podedes escoitar estas seccións de xeito independente, e outras máis, na nosa canle de Ivoox “Podcast Libremente”.