O grupo de monitores de tempo libre “LibreMente”, que se conformou a partir do curso de tempo libre que desenvolvemos na prisión de Monterroso, impulsou diversos proxectos na cadea, para algún dos cales solicitaron colaboración de persoas do exterior.
Pablo Castro, da asociación Xaquedrum de Lugo, abriu cos monitores o curso de axedrez, dándolles unas nocións básicas de estratexias para exercitarse neste deporte.
Jose Manuel Peña Rodríguez, da Federación Galega de Atletismo, acudiu o segundo día da actividade para aportar claves para o adestramento.
Raquel Doallo, da cooperativa Cestola na Cachola, xa colaborara con eles durante o curso, dinamizando un obradoiro de planificación do que saíron as propostas de actividades.
E Jorge Lama, da asociación de software libre Melisa, non dubidou en aceptar aproposta do grupo de desenvolver un obradoiro de podcasting a partir do cal dinamizarán a súa radio comunitaria.
Colaboracións valiosas que reforzan o traballo da equipa de monitores de tempo libre. Por elo, ás persoas implicadas, gracias!