top of page

A explotación sexual tamén é violencia

  • Ana Leal, Mónica González, Laura Reigosa
  • Nov 25, 2017
  • 1 min read

Como todos os anos, organizamos co voluntariado unha acción de sensibilización polo 25N. Este ano quixemos centrarnos na que é unha das preocupacións da nosa entidade: a explotación sexual, entendida como unha das facianas da violencia de xénero. Durante toda a semana dinamizamos unha campaña a través das redes co hastag #ExplotacionSexualEsViolencia, e no propio día saímos á rúa, sumando a nosa mensaxe á campaña de Lugo en Negro, en colaboración con outros colectivos.

bottom of page