top of page
Mónica, Amanda, Laura, Jenni, Sara e Natalia

No mes de agosto, o voluntariado da vida á prisión de Monterroso


Fronte á redución de actividades que se dá durante o mes de agosto nas prisións galegas, as nosas voluntarias están a desenvolver varios proxectos na cadea de Monterroso. Despois da experiencia previa dos obradoiros de xénero con grupos de homes (Módulos xerais e Módulo da UTE), Mónica, Amanda, Laura, Jenni, Sara e Natalia quedaron enganchadas e lanzaron as súas novas propostas.

Dende inicios de outubro, están a desenvolver o Obradoiro de expresión emocional a través do teatro, para Módulos xerais; e o Obradoiro de Xestión de emocións e control da ira na UTE. Estas iniciativas súmanse ao obradoiro de teatro que Cristina está a desenvolver na UTE.

Todo este traballo, moi ben valorado por parte dos presos, confirma a importancia deste tipo de voluntariado, e nos reafirma na importancia de seguir promovendo a participación nas nosas cadeas.

3 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page