Música entre reixas
- Andrea Verdú
- Jun 13, 2017
- 1 min read

Hoxe publican en El Correo Gallego a iniciativa que está a impulsar Andrea Verdú, unha das nosas voluntarias.
Despois da experiencia positiva de realizar o ano pasado o Obradoiro de Canto e Música, que rematou cunha actuación do coro da cadea e do seu grupo de música, Andrea animouse a organizar este ano un ciclo de concertos polas cadeas galegas. Unha iniciativa que foi moi ben acollida polos centros penitenciarios e que se levará a cabo nas datas de La Merced, festividade nas cadeas.
Accede á nova de prensa e coñece máis sobre esta iniciativa.