top of page
Andrea Verdú, Rocío Andón, María Barba

Presentación do Libro


En xaneiro deste 2017 saíu á venda o noso libro "Animación Sociocultural en prisión. Experiencia en el Centro Penitenciario de Monterroso", que recolle a experiencia de participación e transformación comunitaria desenvolta nese centro penal. Un proxecto impulsado por Aliad Ultreia, o Grupo de investigación SEPA da Universidade de Santiago de Compostela e a prisión de Monterroso, que conto unas súas 3 fases co financiamento da Obra Social La Caixa.

Este foi un proxecto no que o voluntariado foi un eixo clave, xa que desenvolveron 9 proxectos de acción voluntaria que dinamizaron a vida sociocultural do centro, contribuíron a reducir os muros entre as persoas presas e a cidadanía e acrecentaron as súas oportunidades de participación. Por ese motivo consideramos clave que as persoas voluntarias participaran tamén das presentacións do libro, compartindo a súa experiencia: Rocio Andón na presentación en Lugo na Casa do Saber, e Andrea Verdú na presentación na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela.

6 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page