top of page
Laura Reigosa, Jenni Santin, Paula Rivas

O 8M as mulleres de Lugo PARAMOS

No 8 de marzo, dende Aliad Ultreia quiximos sumarnos ao Paro Internacional de Mulleres.


O Paro Internacional de Mulleres (PIM) é un movemento de base organizado por mulleres de distintas partes do mundo. Foi creado a finais de outubro de 2016 como resposta á violencia social, legal, política, moral e verbal que experimentamos hoxe as mulleres en distintas latitudes. PIM propón paros xerais, tanto no ámbito produtivo como no de coidados, e protestas para o 8 de marzo de 2017, baixo un lema en común: "a solidariedade é a nosa arma".


A organización do PIM anima a protestar de diferentes modos: dende o paro total no traballo e nas tarefas de coidado, nos roles sociais como coidadoras e no cese no consumo; a un paro parcial no traballo ou empregando elementos negros ou violetas que visibilicen o apoio ao paro. Desta forma, protestarase contra as violencias machistas, o acoso e as agresións sexuais, a brecha salarial e todas aquelas discriminacións que afectan ás mulleres polo simple feito de selo.


Desde Aliad Ultreia pensamos que unha forma simbólica de darlle visibilidade a este paro era facendo un mannequing challenge, no que reflectir a importancia das mulleres, porque se nós paramos párase o mundo. Trátase dun un vídeo con todas as súas protagonistas inmóbiles, unha escena conxelada durante uns segundos. Para elo lanzamos unha convocatoria a través das redes sociais e de estratexia de bola de neve, convidando ou ben a gravar os seus propios vídeos, ou ben a participar dun paro colectivo o propio 8M, na Praza da Milagrosa. Este foi o spot da acción:




A organización da acción supuxo un traballo previo de organización por parte do grupo de voluntarias (Laura Reigosa, Paula Rivas, Jennifer Santin, Sara Santiso, Gloria López, María Hortas), da xunta directiva (Mónica González e Amanda Díaz), profesionais de Aliad vinculadas ao programa de muller (Laura Fernández e Ana Barba) e a coordinadora de voluntariado (María Barba), e un traballo posterior de montaxe de videos por parte doutro dos profesionais de Aliad (Manuel Diz).




O propio día da Muller, o 8M, sumámonos ao paro de mulleres oragniado a nivel internacional, en España convocado de 12.00 a 12.30. Nós convidamos ás mulleres de Lugo a que deixaran as súas tarefas a un lado e se achegaran o día 8 de marzo, de 12:00 a 12:30, á Praza da Milagrosa para participar deste paro colectivo, facendo un mannequing challenge. Foi unha acción de rúa preciosa na que participaron mulleres do barrio e de diversos colectivos, e algún home que estando de observadores souberon quedarse perfectamente conxelados :) . Aquí tedes o vídeo:


A acción de rúa visibilizou a realidade que vivimos as mulleres, incluso polo comentario de algún home que mentres nós parábamos escoitábamos dicir:


"Estas... si estiveran axudando ás súas nais a facer a comida, que non teñen nin idea de facer nada, nin a comida, nin freir uns ovos, e seguro que nin lle saben quitarlle os ollos ás patacas! Pero bueno... isto aínda parece que o ensaiaron, que están moi quietas"


Afortunadamente unha excepción entre moitos homes que miraban a acción con interese e apoio na loita.



As colaboracións a travésdas redes sociais foi moi elevada, mulleres que enviaron os seus videos, paradas, sumándose á acción. Sorprendeunos a alta implicación das mulleres galegas, que fixeron que esta acción de incidencia social fora un éxito, un grito colectivo, porque... se as mulleres paramos... para o mundo!


O video que montamos cas mulleres dos comercios:

O video que montamos coas pequenas gravacións que nos enviaron:

O video que montamos coas gravacións que fixeron diferentes ximnasios (gracias a Mónica pola súa dinamización de varios maniquís):

Os retos do maniquí que fixeron varias asociacións:

Asociación APEM Cee

A asociación CentinELAS

O Recuncho solidario


38 views0 comments
bottom of page