top of page
Sara Santiso

25N

O pasado venres 25 de Novembro, Aliad Ultreia participou xunto con outras empresas e asociacións, e tamén xunto co concello, nun acto que este organizaba e que formou parte da campaña “En negro contra a violencia”.

A equipa de Aliad e algunhas persoas voluntarias ademáis de participar, fixemos algunha acción pola nosa conta.


Dende hai un mes máis ou menos, reunímonos varias veces para levar a cabo unha acción que acadou o nome de “Mapeando o machismo”. Esta acción consistiu en pasar un cuestionario (cedido por Conas Ceives) a diferentes mulleres de Lugo para que identificaran se sufriron algún tipo de violencia machista, e en que punto da cidade ocorreu. Cando tivemos os resultados, marcámolos no mapa cun símbolo distinto para cada violencia. Ese mapa figurou na parte dianteira do tríptico que fixemos, xa que na parte traseira escribiuse un manifesto para este día, cun lema moi representativo que di “Nas rúas da cidade de Lugo non quero ser valente, quero ser libre”.

Tamén se decidiu que ademáis do tríptico, sería interesante facer unhas pegatinas para alertar á poboación de ónde houbo algún tipo de violencia según os puntos do mapa e logo pegalas preto dos puntos sinalados. As pegatinas quedaron moi orixinais, transformando as sinais de tráfico de "Tramo de concentración de accidentes" por sinais de "Tramo de concentración de violencia machista".

Cara a unha do mediodía do venres, a equipa de Aliad e voluntariado fumos cara a muralla. Alí, situámonos na parte de atrás da Catedral xunto con outras asociacións e colexios. Cando chegou a hora, desplegamos a tela negra e soltamos os globos negros que antes nos repartiran.


Cando iso rematou, iniciamos o noso camiño cara a Deputación para asistir a outro acto que alí se daba e no traxecto aproveitamos para repartir os nosos trípticos. Cando chegamos alí, un grupo de persoas pediunos a sua colaboración para axurdarlles no seu acto, que consistía en dicir o nome de cada muller asasinada por violencia machista neste ano, a data na que ocorreu de de ónde era a rapaza. Nós aceptamos sen dubidalo. Puxémonos en círculo e cada persoa tivo que dicir o nome dunha muller víctima deste tipo de violencia. A verdade e que nos pareceu moi importante que estas mulleres tiveran esta representación.

Por último, añadir que quedamos moi contentas con esta acción. Inda que levala a cabo foi laborioso, sempre reconforta saber que o estás facendo por un ben común e en parte tamén para darlle voz ou rendirlle unha homenaxe a todas aquelas mulleres que no seou momento non a puideron ter.


¡Nas rúas da cidade de Lugo non quero ser valente, quero ser libre!

69 views0 comments
bottom of page