top of page

Módulo 1. O VISIBLE E O INVISIBLE. Poñendo os lentes violetas para ollar a realidade dende os mass media

Dinamizan Amanda Díaz Pena e Mónica González Ferreiro

Sábado, 23 de setembro, de 10:00 a 14:00

Para mudar a realidade cómpre comezar por identificar as estruturas que limitan as nosas vidas. Para elo contamos con importantes ferramentas de análise da teoría feminista, que nos permiten examinar as sociedades actuais, detectar os mecanismos de exclusión e coñecer as súas causas, como paso previo para propoñer accións e modificar esa realidade desigual. Unha transformación que implica desaprender mandatos de xénero que seguimos reproducindo, moitos deles adquiridos ou reforzados a través dos mass media, nos que poremos o noso foco de atención.

 

Neste obradoiro, realizaremos un achegamento aos medios de comunicación poñendo os lentes violetas dos feminismos. Dende esta óptica, búscase:

  • Crear un espazo de reflexión e aprendizaxe conxunta a nivel intrapersoal, interpersoal e social.

  • Analizar as estruturas e os axentes que perpetúan as desigualdades de xénero, identificando os roles e estereotipos nos mass media.

  • Repensar a nosa participación como protagonistas da transformación social da nosa entorna.

bottom of page