top of page

Módulo 4. DO CONTO DE FADAS Á PRISIONALIZACIÓN ROMÁNTICA

Estratexias para o acompañamento a mulleres víctimas de violencia de xénero

Dinamizan Amanda Díaz Pena, Mónica González Ferreiro, Ana Barba Núñez e Teresa Campos 

Sábado, 30 de setembro,

de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00

Queremos tamén neste curso atender á que é unha das mostras máis brutais desta desigualdade: a violencia de xénero no seo da parella. Ao maltrato social, estrutural e institucional, súmase un maltrato psicolóxico que pode ir acompañado de violencia física, sexual e/ou económica. A resposta ante esta realidade debe pasar por unha cidadanía consciente da súa gravidade e dos mecanismos nos que se sustenta, capaz de impulsar o cambio e de apoiar a estas mulleres no seu empoderamento.

Dentro das áreas de traballo de ALIAD ULTREIA, o acompañamento a mulleres vítimas de violencia de xénero é unha parte fundamental no seu proceso de recuperación. Para vincular nesta labor ao voluntariado é necesario abordar un traballo teórico e práctico que permita coñecer a natureza e as causas da violencia de xénero, as pautas e consecuencias da mesma, así como o coñecemento da normativa, os dereitos das vítimas e dos recursos existentes. O recoñecemento das causas e mecanismos de control e submisión das mulleres nos que se apoia esta lacra é básico para fortalecer e axudar, tanto ao voluntariado como ás mulleres vítimas de violencia de xénero, no desenvolvemento de estratexias que lles permitan seguir reivindicando e facendo efectivos os seus dereitos.

O obxectivo desta formación é:

 

  • Achegarse á lacra da violencia no seno da parella (ciclo e proceso, tipos, causas e consecuencias) e aumentar a percepción de risco derivada dela.

  • Adquirir ferramentas e estratexias para o acompañamento a mulleres que sofren violencia de xénero.

  • Desenvolver estratexias de autocoidado, que nos permitan fortalecernos persoalmente neste acompañamento.

bottom of page