Módulo 3. O NOSO BERRO DENDE AS REDES
Ciberactivismo feminista
Dinamiza Feminista Ilustrada
Sábado, 7 de outubro, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30
Hoxe en día as representacións e imaxinarios que se xeran nos medios de comunicación seguen reflectindo a mirada patriarcal, e segue sendo esa mirada a que decide que feitos, acontecementos e protagonistas son a nova do día. Persiste a necesidade de promover outras voces, visións e representacións do mundo que promovan a igualdade e mostren outras realidades posibles.
Nos últimos anos, o uso das TIC foi determinante na creación da axenda feminista. A internet e as súas ferramentas de difusión son, a día de hoxe, unha das vías máis democráticas e accesibles na nosa entorna para posicionar voces e visións diversas. Por iso é fundamental non solo coñecer ás novas tecnoloxías senón apropiarse delas, para reflexionar conxuntamente e crear alternativas dende o activismo feminista.
O uso das redes sociais e as diferentes ferramentas e técnicas comunicativas convértense nun espazo de referencia para visualizar outras formas de estar e pensar o mundo. As reivindicacións que os feminismos asumiron na construción da súa práctica e teoría enriquécense nestes espazos virtuais cos aportes, tanto individuais como colectivos, das voces diversas de persoas que dialoga sobre aquilo que as interpela como cidadás.
Apropiarse nos espazos, construír contidos, crear redes empregando as novas tecnoloxías como ferramenta é unha opción poderosa para promover cambios na sociedade.
Para elo este módulo busca:
-
Cuestionar o que hai en nós de tecnófobas e debater sobre o uso das redes sociais
-
Coñecer que é iso do ciberfeminismo
-
Aproximarnos ao movemento feminista en Internet
-
Crear unha minicampaña de incidencia política a través de ilustracións
Para elo temos a sorte de contar con Feminista Ilustrada un colectivo que naceu para dar visibilidade ás situacións de machismo cotián, ese que no se adoita detectar a simple vista. Con retranca e humor, a través de ilustracións, buscan achegar ás persoas menos próximas ao feminismo a mensaxe de igualdade, facendo fronte ás barreiras invisibles que impiden comprender o discurso de maneira lóxica. Con elas traballaremos como difundir o noso discurso de forma clara e directa, accesible a quen non adoita cuestionarse estes temas.