Programa
- Venres 30 de setembro -
15:30 - 16:00 - Presentación do curso
MÓDULO I. Con pes de chumbo. Comprendendo a vulnerabilidade e a exclusión social
“Con pes de chumbo”, con coidado, con cautela e de forma reflexiva e fundamentada, así nos aproximamos a unha realidade tan dinámica e complexa como é a exclusión social. Este módulo introdutorio diríxese a situar o ollar, a posición sociocrítica dende a que abordamos as múltiples realidades de exclusión. Dinamizarase a través dunha mesa de diálogo e un obradoiro práctico.
- Sábado 1 de outubro -
16:00 - 18:00 - Mesa de diálogo con Carmen Morán de Castro
18:00 - 18:30 - Descanso
18:30 - 20:30 - Obradoiro práctico con Paola Bretones e Luis Cerna
MÓDULO II. Realidades de vida. Vulnerabilidades ao abuso de drogas e impactos na integración social
10:00 - 11:30 - Mesa de diálogo con Manuel Varela Veiga
13:30 - 12:00 - Descanso
O consumo de drogas asóciase socialmente a unha práctica exercida como opción persoal, pero a realidade é que a droga figura como un dos negocios que máis cartos move a nivel mundial, coas intereses económicas e mecanismos de poder asociados. Os motivos que aproximan a unha persoa ao consumo de drogas son diversos (experimentación, lecer, contexto social, etc.), pero existen certos factores de vulnerabilidade que teñen unha especial incidencia nas diferentes fases do proceso: á hora de aproximar ás persoas a este consumo, de levalas ao abuso, de dificultar o seu abandono e tamén á hora de definir o grado en que esa drogodependencia impacta como factor de exclusión social. Conversaremos sobre isto nunha mesa de diálogo.
MÓDULO III. Dentro e fóra de muros. A cadea como receptora, xeradora e espazo de exclusión-inclusión social
A cadea figura como espazo de exclusión, como una institución deseñada especificamente para segregar, e é así mesmo receptora e xeradora de exclusión. Abordaremos como a prisión se aplica fundamentalmente aos sectores máis vulnerables, nunha clara criminalización da pobreza; así como o impacto que ten para as persoas presas e para a sociedade no seu conxunto. Pero máis aló da natureza da propia institución, tamén existen no seu seo profesionais e experiencias interesantes que é interesante coñecer.
Traballaremos estes aspectos a través dunha mesa de diálogo e dun obradoiro práctico e dinamizaremos unha mesa redonda na que coñecer experiencias innovadoras das prisións galegas.
12:00 -14:00 - Mesa de diálogo con Pedro José Cabrera Cabrera
14:00 - 16:00 - Xantar
16:00 - 18:00 - Obradoiro práctico con Fátima Estúa García
18:00 - 18:30 - Descanso
18:30 - 20:00 - Mesa de experiencias innovadoras en prisión:
-
O Módulo Nelson Mandela - C.P. de Teixeiro, con Xosé Igrexas
-
O Plan de Animación Sociocultural - C.P. de Monterroso, con María Barba
- Venres 7 de outubro -
MÓDULO IV. Ser muller. O xénero como eixo de vulnerabilidade social (1ª parte)
Son moitos as abordaxes que dende a perspectiva de xénero podemos facer á realidade. Neste curso centrarémonos naquela que nos permita achegarnos á análise crítica da problemáticas da prostitución e da trata de mulleres con fins de explotación sexual. Tómase como punto de partida a perspectiva de xénero e dereitos humanos, recoñecendo a dignidade das persoas dende un enfoque de interseccionalidade e transnacionalidade que pon en relación a desigualdade de xénero con outros factores de vulnerabilidade.
Comezaremos cun diálogo no que abordar dende unha perspectiva sociopolítica o papel da muller, clave para entender as múltiples vulnerabilidades que sofre. Dende esta perspectiva achegarémonos á comprensión do fenómeno da prostitución e da trata de mulleres con fins de explotación sexual.
16:00 - 18:00 - Mesa de diálogo con María Eugenia Rodríguez Palop
18:00 - 18:30 - Descanso
18:30 - 19:15 - Mesa de diálogo con Gerardo Pardo de Vera Posada
- Sábado 8 de outubro -
MÓDULO IV. Ser muller. O xénero como eixo de vulnerabilidade social (2ª parte)
A partir do visionado dun filme que recolle a problemática da trata, dinamizaremos un obradoiro no que abordar a forma de aproximarse a esta realidade e actuar educativamente dende un enfoque integral, feminista, de coidados e de dereitos humanos.
10:00 - 12:00 - Visionado da película Evelyn (Isabel de Ocampo) - acceso libre.
12:00 - 12:30 - Descanso
12:30 - 14:00 - Obradoiro práctico con Ana Barba Núñez
MÓDULO V. Isto nos compete! Participación social na promoción de sociedades e contextos inclusivos
A perspectiva social, contextual e estrutural da exclusión demanda dunha cidadanía comprometida co cambio social e co fortalecemento de espazos de vida inclusivos, facendo fronte ás novas e vellas fragmentacións sociais. Neste punto do Curso xa nos temos aproximado a diferentes ámbitos de exclusión, cuestionado as nosas ideas iniciais, e construído coñecemento conxunto sobre estas realidades. Diría Rauber (2010) que temos avanzado na conformación do suxeito político (consciencia crítica e vontade de cambio), punto dende o que identificar un proxecto común.
Neste módulo coñeceremos formas de acción social creativas e innovadoras, da man de diversos colectivos que traballan na sensibilización e transformación social dende metodoloxías creativas e innovadoras. En base aos ámbitos de exclusión social ou eixos de vulnerabilidade abordados, conformaremos grupos de traballo que, acompañados por estes colectivos , definirán propostas de sensibilización nun peche do Curso que busca un ollar posibilista e motivador. Esta dinámica servirá tamén de base a aquelas persoas que opten por cubrir as horas non presenciais co “traballo grupal para a transformación social”.
16:00 - 17:00 - Mesa de experiencias con: A Desalambrar, Conas Ceives, FotoEducaGaliza, voluntariado de Aliad
17:00 - 20:00 - Propostas de acción social
20:00 - 20:30 - Peche do curso