top of page
Bea de Ateibo, Ángeles de Capaces e María de Aliad

Planificando o DIV2017

Hoxe nos reunimos a Comisión do DIV para organizar o próximo DIV 2017. Dende hai anos a Rede Lucense de Voluntariado organizamos o Día Internacional do Voluntariado (ver sobre a edición anterior), o 5 de decembro, no que pretendemos festexar a implicación da cidadanía lucense en proxectos transformadores, así como reivindicar as necesidades do sector e dornos a coñecer.

Acordamos para este ano, ademais, crear entre todas as entidades un xogo xigante co que: dar visibilidade á Rede Lucense de Voluntariado; dar visibilidade ás entidades que formamos parte da Rede; sensibilizar en torno aos valores do voluntariado; e difundir o concepto, principios, dereitos e deberes do voluntariado.

4 views0 comments
bottom of page