Paula Polo colabora dando apoio escolar a unha estudante de primeiro de ESO, vinculada a un dos programas de Aliada de atención a persoas en risco de exclusión social.
Ela encárgase de axudar a esta rapaza na planificación dos seus horarios e hábitos de estudio e resolver posibles dúbidas. O compoñente motivacional é moi importante, para que adquira unha actitude positiva fronte aos estudos e as oportunidades que ofrecen, fortalecendo a confianza nas súas capacidades persoais. Un vínculo entre a persoa voluntaria e a rapaza no que se sustenta todo acompañamento, cuxo valor vai moito máis aló de resolver unhas dúbidas de estudo.