top of page
  • Cristina Collazo, Olalla Rodríguez e Javier Penido

Concerto para bebés na prisión de Aranjuez


Hoxe a sección de nais da prisión de Aranjuez encheuse de música, e foi gracias á iniciativa de persoas que de xeito voluntario quixeran achegar á experiencia musical a un dos colectivos máis privados da experiencia: os fillos e fillas de mulleres presas. Ata os 3 anos os nenos e nenas poden permanecer coas súas nais nas unidades de nais dos centros penais (en Galicia non temos ningunha).

Cristina Collazo, despois de varios anos colaborando no centro penal de Monterroso, tivo a inquedanza de levar o seu espectáculo musical para bebés a estas prisións, e liou a outras persoas para facelo.

Según compartiron, a experiencia foi brutal, moi emotiva. A foto desta publicación non é dese evento, senón da Orquestra Sinfónica de Bilbao, pois non puidendo meter cámaras nas prisións, o relato das persoas voluntarias é o que nos transporta á beleza desa experiencia.

2 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page