top of page
  • María Barba Núñez

Día internacional do voluntariado



O 5 de decembro de 2018, a Rede Lucense de Voluntariado organizamos, un ano máis, unha sesión de encontro, sensibilización e celebración.


A xornada, celebrada no mercado de abastos, combinou espazo expositivo no que coñecer os proxectos de voluntariado das entidades membro; actividades lúdicas, photocall e entrega de premios.


Este é o segundo ano que se otorgan os premios da Rede Lucense de Voluntariado e, este ano, Aliad Ultreia foi unha das entidades premiadas polo seu proxecto de voluntariado en prisión.


As prisións as enchen persoas con realidades de vida duras, que tiveron escasas oportunidades de acceso á educación, á cultura e a experiencias de participación social. O ingreso en prisión supón ademais a tortura dos tempos desocupados, o illamento social e a carencia de experiencias de desenvolvemento persoal. É por iso que queremos premiar a participación voluntaria neste contexto, ao voluntariado de Aliad Ultreia que durante este 2018 impulsou 10 experiencias culturais, formativas e deportivas na prisión de Monterroso.


Son 24 persoas voluntarias, de diferentes idades e procedencias, que acrecentan as oportunidades de participación en prisión e, sobre todo, contribúen a xerar relacións cheas de sentido, para elas e para a poboación reclusa.


Recolleron o premio: Jenni, que xunto con Sara e Laura impulsaron a Revista penitenciaria Trisquel; e Paz, que leva a acción voluntaria fóra dos muros da prisión, co acompañamento a persoas durante os permisos penitenciarios.

8 views0 comments
bottom of page