Colabora:

Rúa Milagrosa, 99-101. CP. 27003, Lugo                Teléfono 982 251 948                  voluntariado@aliad.org             www.aliad.org    

BOLETÍN DE VOLUNTARIADO
Calendario

Hoxe a sección de nais da prisión de Aranjuez encheuse de música, e foi gracias á iniciativa de persoas que de xeito voluntario quixeran achegar á experiencia musical a un dos colectivos máis privados da experiencia: os fillos e fillas de mulleres presas. Ata os 3 anos os nenos e nenas poden permanecer coas súas nais nas unidades de nais dos centros penais (en Galicia non temos ningunha). 

Cristina Collazo, despois de varios anos colaborando no centro penal de Monterroso, tivo a inquedanza de levar o seu espectáculo musical para bebés a estas prisións, e liou a...

20/11/2019

Hoxe tivemos a reunión de arranque da iniciativa de radio. Todas as entidades implicadas reunímonos para concretar a proposta e planificar a formación. Acollidos en Melide por Jorge da Asociación Melisa, xuntámonos Roberto e Mariano de Cuac.FM, Carmen e Germán do grupo SEPA da USC, e Julia e María de Aliad Ultreia. 

Un encontro de traballo moi operativo pero tamén moi comunitario, onde tivemos tempo para a conversa, para comparti ilusións, para falar do que importa e... filosofear e desfrutar da gastronomía galega.

Trópico de Grelos volveu á prisión de Monterroso, para afianzar o seu proxecto de escola de percusión, facendo vibrar os muros da cadea e os corazóns das persoas presas.

Este ano o curso diríxese á Unidade Terapéutica e Educativa do centro, chegando a presos que o ano pasado non puideron participar da experiencia.

Na iniciativa implícanse persoas novas, contando co financiamento de Voluntariado Xuvenil, que apoia a implicación social deste colectivo.

A foto dá conta das cariñas sorintes de quen sabe que está a impulsar algo bonito!

Este verano, os presos da Unidade Terapéutica e Educativa volven ter un encontro co corpo, coa interpretación, coa música, coas emocións e co arte da man de Cristina Collazo Gómez, á que o compromiso por mellorar a realidade de vida das persoas presas a leva dende 2016 a impulsar accións fermosas na prisión de Monterroso.

Este ano Cristina contaxia a súa paixón a voluntariado xoven, a Olalla e a Javier, que participan compartindo o seu saber musical.

10/09/2019

Este verán, as persoas reclusas na UTE de Monterroso puideron axercitar a súa mente con Sabela, a través do mindfulness, a atención plena e consciente ao aquí e ao agora. Iniciativas das nosas voluntarias que abren novas oportunidades de participación en prisión.

Please reload

Categorías
Etiquetas
Please reload

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now