BOLETÍN DE VOLUNTARIADO
Calendario

Durante o proxecto de actividades físico deportivas que levamos a cabo no Centro Penitenciario de Monterroso, puidemos traballar en equipo, axudándolles a canalizar as súas enerxías e ensinando os pasos que teñen que levar a cabo para realizar calquera tipo de actividade física. 

Destacaría a implicación e o interese que amosaron os internos en todo momento por aprender e disfrutar das actividades e considero que é algo moi positivo e enriquecedor de cara ao seu futuro e ao seu benestar persoal.  

A nivel persoal, esta experiencia aportoume moitas cousas, empaticei m...

Coma todos os anos, pero este con máis necesidade e ganas que nunca, volvemos impulsar na prisión de Monterroso diversas iniciativas coas que acrecentar as oportunidades de participación.

Comunicación, expresión, cultura, música, arte, deporte…, baixo un Plan de Animación Sociocultural que se articula grazas á implicación de numerosos colectivos e persoas voluntarias.


 

12/03/2020

De novo, as persoas voluntarias e as profesionais de Alia Ultreia participamos nos actos do Día Intenacional da Muller. De novo, visibilizamos a prostitución como unha violencia machista. #8M #sencoidadosnonhaivida #ExplotacionSexualEViolencia

12/03/2020

Hoxe tivemos unha formación para persoas voluntarias que se incorporan a colaborar con Aliad no acompañamento as mulleres e homes dos nosos programas.

Existen diferentes tipos de acompañamento: acompañamento educativo, psicoterapéutico ou social. O voluntariado enmárcase neste ACOMPAÑAMENTO SOCIAL.

Destaca a potencialidade relacional destes acompañamentos, fronte a unha sociedade fortemente individualizada e excluínte, o acompañamento permite o encontro entre persoas diversas, nun intercambio recíproco, con mirada de inclusión e incorporación social.

É diferente ao qu...

Hoxe a sección de nais da prisión de Aranjuez encheuse de música, e foi gracias á iniciativa de persoas que de xeito voluntario quixeran achegar á experiencia musical a un dos colectivos máis privados da experiencia: os fillos e fillas de mulleres presas. Ata os 3 anos os nenos e nenas poden permanecer coas súas nais nas unidades de nais dos centros penais (en Galicia non temos ningunha). 

Cristina Collazo, despois de varios anos colaborando no centro penal de Monterroso, tivo a inquedanza de levar o seu espectáculo musical para bebés a estas prisións, e liou a...

Please reload

Categorías
Etiquetas
Please reload

Colabora:

Rúa Milagrosa, 99-101. CP. 27003, Lugo                Teléfono 982 251 948                  voluntariado@aliad.org             www.aliad.org    

This site was designed with the
.com
website builder. Create your website today.
Start Now